Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 14 de xullo de 1999 Páx. 9.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, sobre a constitución das Sociedades Agrarias de Transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das Sociedades Agrarias de Transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Agricultura, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia.

Constitución de:

A Sociedade Agraria de Transformación Pedrolas SAT nº 1026, XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Pumarega, 6-Castroverde (Lugo); obxecto social: explotación de 120 vacas de leite; capital social: 1.800.000 pesetas; nº de socios 3.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1999.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industria e Alimentación