Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 14 de xullo de 1999 Páx. 9.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1999 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto de tramitación urxente, dun contrato de consultoría e asistencia para a realización dun estudio sobre a adecuación da oferta-demanda comercial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que trámite o expediente: Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Número de expediente: 2/99.

Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: estudio sobre a adecuación da oferta e da demanda comercial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: seis meses a partir da sinatura do contrato.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación.

Importe total: 15.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Garantías.

Provisional: 2% do orzamento do contrato (300.000 pesetas).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º andar.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación.

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º andar.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, da LCAP.

Admisión de variantes: (concurso): non se admiten.

Outras informacións: os licitadores deberán xustifica-la solvencia económico-financeira a través dun informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais, de conformidade co artigo 16.1º a) da Lei 13/1995, do 18 de maio de contratos das administracións públicas. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase mediante unha relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles, conforme o artigo 19 b) da mesma lei.

Apertura de ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª andar.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Jesús Vázquez San Luis

Secretarío xeral da Consellería de Industria e Comercio