Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 14 de xullo de 1999 Páx. 9.144

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1999 pola que se convoca un curso de estatística para a formación de persoal de calquera das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do Decreto 358/1998, do 27 de novembro, polo que se aproba o programa estatístico anual e en execución da operación estatística denominada Formación en procedementos estatísticos subscribiuse, o 24 de abril de 1998, un convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Estatística e a Escola Galega de Administración Pública para a xestión do programa de formación en materia estatística, polo que se convoca este curso, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Denominación.

Poboación e mostras: unha introducción á inferencia estatística.

Segunda.-Obxectivos.

Proporcionarlle formación ó persoal de calquera das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia vinculado a tarefas estatísticas para o desempeño do seu posto de traballo, co fin de perfecciona-los seus coñecementos respecto de temas relacionados co título do curso.

Terceira.-Destinatarios.

Persoal de calquera das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas coa estatística.

Cuarta.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar no curso programado deberá solicitalo coa presentación da instancia e da certificación que, como modelos oficiais, se recollen nos anexos I e II desta resolución, e cubrir en tódolos epígrafes. Para a descrición das tarefas do posto de traballo que teñan especial relación co obxecto do curso poderán, de ser preciso, achegar unha folla adicional.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP, e presentaranse no Rexistro da Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid 2-4, 15707, Santiago de Compostela, ou nas dependencias que se sinalan no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación das solicitudes finalizará o 23 de setembro de 1999.

Quinta.-Selección.

As solicitudes serán seleccionadas segundo os seguintes criterios: contido estatístico das tarefas desempeñadas no seu posto de traballo. Grao de coñecemento en materia estatística. Desempeño de traballos relacionados con rexistros administrativos.

En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas en Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3-8-1994).

Sexta.-Desenvolvemento.

Duración: 40 horas.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP) r/ Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela.

Datas: 13, 14, 18, 19, 20, 21, 25, 26, 27 e 28 de outubro de 1999.

Horario: tardes, das 16.30 ás 20.30 horas.

Prazas: máximo de 30.

Sétima.-Modificacións.

Os órganos convocantes reservan a facultade de interpretar e resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como a de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Oitava.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso. Calquera inasistencia deberá ser xustificada. A falta de asistencia inxustificada ó 15% das horas lectivas programadas imposibilitará a expedición do certificado.

A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas imposibilitará a expedición do certificado, e dará lugar á baixa no curso con perda de tódolos dereitos.

Novena.-Contido.

Análise da organización estatística na Comunidade Autónoma de Galicia. O Instituto Galego de Estatística. Lei, plan e programas estatísticos. Probabilidade. Conceptos xerais. Distribución binomial, multinomial e Poisson. Distribución normal. Outras distribucións. Mostra aleatoria simple. Mostras grandes. Mostras pequenas. Inferencia estatística. Consideracións xerais. Estimadores e as súas propiedades. Estimación por intervalo. Contrastación de hipótese. Inferencia paramétrica: análise dunha poboación. Media. Varianza. Proporción. Inferencia paramétrica: análise de dúas poboacións. Diferencia de medias. Igualdade de variacións. Diferencia de proporcións. Regresión e correlación. Inferencia paramétrica: análise de varias poboacións. Regresión e correlación. Análise da variación. Inferencia non paramétrica: unha introducción.

O curso inclúe clases de tipo práctico para ilustra-lo contido do programa.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO II

D.... resonsable dos servicios de persoal do/a ....

CERTIFICO:

Que don/a ...., no desempeño do seu posto de traballo de .... realiza tarefas directamente relacionadas co contido do curso.

...., .... de .... 1999.

Asdo.: ....