Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 14 de xullo de 1999 Páx. 9.143

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Círculo Cultural, Mercantil e Industrial de Vigo (Ciudad Deportiva).

Visto o texto da acta da reunión da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo (Ciudad Deportiva), publicado no DOG nº 57, do 24 de marzo, e no BOP nº 70, do 14 de abril de 1997, pola que se acorda a creación da categoría laboral de axudante

de conserxe, esta delegación provincial, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 15 de xuño de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Reunida a mesa negociadora do convenio colectivo vixente da cidade deportiva do Círculo Cultural, Mercantil e Industrial de Vigo, acórdase por petición da empresa, aproba-la creación da categoría laboral de axudante de conserxe, equivalente para tódolos efectos á mesma categoría existente no convenio colectivo vixente da sede central, da mesma empresa.

O que asinamos en Vigo, 29 de abril de 1999.

En representación da empresa:

Manuel Vila Ruibal, presidente da xunta directiva.

Roberto Ameneiro Ferreirós, tesoureiro da xunta directiva.

Rafael Domínguez de la Iglesia, vocal 3º da xunta directiva.

En representación dos traballadores:

Pilar Davila Vila, delegada de persoal.

Camilo Sobral Troiteiro, oficial de 1ª.

Casiano Pérez González, porteiro.

Fernando Bernárdez Gómez, carpinteiro.

Actuou como secretario Roberto Ameneiro Ferreirós.