Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 14 de xullo de 1999 Páx. 9.137

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación da acta levantada pola comisión paritaria do convenio colectivo do comercio de alimentación de Ourense, co fin de emendar erros detectados na actualización das táboas salariais para o ano 1999.

Visto o texto da acta levantada pola comisión paritaria do convenio colectivo do comercio de alimentación de Ourense, co fin de corrixir erros detectados na actualización das táboas salariais para o ano 1999 (publicadas no DOG nº 86 do 6-5-1999) e (código convenio nº 3200545), con entrada nesta delegación provincial o día 2-6-1999, subscrito en representación da parte económica para Asociación Empresarial do Comercio de Alimentación de Ourense, da parte social, USO, UGT e CC.OO., o día 28-4-1999, de conformidade co disposto no artigo 90, 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores. Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios

da Administración do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación (UMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 7 de xuño de 1999.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo do comercio de alimentación de Ourense

En Ourense, ás 16 horas do día 28 de abril de 1999, reúnense na primeira planta do edificio AISS os membros de comisión paritaria do convenio colectivo do comercio de alimentación de Ourense, representando pola parte social a USO, UGT e CC.OO. e pola parte empresarial a Asociación Empresarial do Comercio da Alimentación de Ourense.

Esta comisión paritaria reúnese como consecuencia de se teren detectado determinados erros na actualización das táboas salariais para 1999, trala publicación destas no BOP. Unha vez actualizadas estas, en aplicación do previsto no artigo 21 do convenio colectivo do sector, reúnese a comisión paritaria e,

ACORDA:

Modificar, en consecuencia, o acordo anterior publicado no DOG o pasado mes de abril, constituíndo a verdadeira e única táboa salarial actualizada para 1999, a que figura a seguir:

Salario base-Salario anual.

1. A) Director: 114.830-1.722.454.

1. B) Xefe de administración, xefe de vendas, xefe de compras: 107.654-1.625.006.

1. C) Supervisor, coordinador xeral, xefe de centro: 100.476-1.492.335.

2. A) Xefe de almacén, xefe de supermercado, xefe de sección: 94.734-1.421.012.

2. B) Analista, responsable da expedición, recepcionista: 93.408-1.401.112.

2. C) Oficial administrativo, programador: 90.428-1.356.417.

3. A) Mecánico, electricista, oficial 1ª chófer, operador de informática, capataz, viaxante: 87.560-1.313.390.

3. B) Dependente, oficial 2ª chófer, auxiliar de caixa repoñedor, auxiliar de caixa dependente, auxiliar de caixa, auxiliar de gravación, auxiliar administrativo, axudante mecánico, axudante electricista, peón de mantemento, mozo especializado: 83.252-1.248.778.

3. C) Telefonista, mozo de reparto, mozo repoñedor, oficial 3ª, axudante, persoal de limpeza: 80.383-1.205.736.

Gratificación por actividade: 5.743.

Segundo.-Proceder ó rexistro e depósito deste acordo na Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, para o seu depósito e publicación no BOP.

E, non tendo máis que tratar, levántase a sesión ás 18 horas do día anteriormente sinalado.

E, en proba de conformidade, asinan os tres sindicatos asinantes do convenio (UGT, USO e CC.OO.) e o representante da asociación empresarial.