Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 8 de xuño de 1999, aprobou, con carácter inicial e a reserva de corrección de deficiencias, unha modificación do Plan parcial da área 9 de SUNP (Polígono Industrial de Alvedro), promovida por Xestur Coruña, S.A. como concesionaria do IGVS para a súa xestión e execución, e redactada polo arquitecto Ángel Luis Monteoliva Díaz, que afecta os seguintes aspectos:

-Rectificación do ámbito co obxecto de corrixir unha inexactitude gráfica no documento aprobado.

-Estructura viaria.

-Estructura parcelaria.

-Área de servicios.

-Zonificación.

-Ordenanzas reguladoras.

Durante o prazo dun mes contado a partir da última publicación deste anuncio (Diario Oficial de Galicia ou xornal) poderá ser examinado o documento nas oficinas municipais e formulárense as alegacións que se consideren procedentes.

Culleredo, 14 de xuño de 1999.

Ricardo Seoane Candamio

Alcalde en funcións