Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

Aprobouse, consonte o que establecen os artigos 21.1º j), 22.2º c) e 23 da Lei de bases de réxime local, segundo a redacción que lle deu a Lei 11/1999, do 21 de abril (BOE nº 96/1999), en concordancia co establecido na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do

solo de Galicia, estudio de detalle de iniciativa particular, na rúa Bidueiros, esquina avda. da Veiga en San Cibrao.

O devandito estudio de detalle exponse ó público polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no DOG, de conformidade co sinalado no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo (DOG do 26).

Cervo, 9 de xuño de 1999.

Roberto Álvarez Fernández

Alcalde