Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO de licitación de concurso con procedemento aberto. Trámite de urxencia.

1. Proxecto: beirarrúas de acceso ó centro escolar de Escarabote.

2. Tipo de licitación: 6.225.291 ptas.

3. Partida: 5.6.

4. Prazo de execución: 3 meses.

5. Clasificación: non se esixe.

6.7. Lugar e prazo de presentación de proposicións: no rexistro xeral do Concello de Boiro, durante o prazo de 13 días naturais a partir da publicación do presente anuncio no BOP, ou no Diario Oficial de Galicia, de 9 a 13 horas.

8. Fianza provisional: non se esixe.

9. Fianza definitiva: 249.012 ptas.

10. Taxas do contrato: non.

11. Revisión de prezos: non procede.

12. Control de calidade: esixible.

13. Apertura de propostas: terá lugar na casa do concello, ás dez horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No suposto de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

Modelo de proposición:

D/Dª...., con enderezo en...., rúa...., nº...., teléfono.... con DNI (pasaporte ou documento que o substitúa)....., actuando en nome propio/ou en representación de....., DNI ou CIF nº.... e con enderezo no lugar...., teléfono...., toma parte no concurso para

a adxudicación das obras comprendidas no proxecto de...., e para estes efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de.... ptas., IVE incluído, que significa unha baixa de.... ptas., en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións.

En....., ....., de..... de 199..

O licitador (asinado e rubricado).

Modelo de sobre A «Oferta económica»:

Proposición para tomar parte na contratación das obras...., presentada por....

En...., .... de.... de 199..

O licitador (asinado e rubricado).

Modelo sobre B «Personalidade xurídica e xustificantes».

Modelo sobre C «Referencias técnicas».

Expediente: o expediente, proxecto e pregos de condicións atópanse á disposición dos interesados nas oficinas municipais durante o prazo e horas de presentación de proposicións.

Boiro, 30 de xuño de 1999.

O alcalde

Rubricado