Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.113

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 14 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación do acordo de resolución do expediente sancionador simplificado 36/17/1999, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa interesada mencionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente sancionador simplificado 36/17/1999, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación; se non fose recorrida no dito

prazo, a sanción será firme e poderá facerse efectiva, en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles en calquera entidade financeira, na conta número 3110001136 da Caixa Galicia (2091), oficina de relacións con organismos (0388).

Expediente: 36/17/1999.

Inculpado: Sico-Venta Directa, S.A.

Enderezo: r/ Banco de España, 3-1º, 48005 Bilbao.

Motivos: negativa a facilitar información.

Sanción: 50.000 pesetas.

Data da resolución: 14-6-1999.

Pontevedra, 14 de xuño de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial do Instituto Galego de Consumo