Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 1999 pola que se anuncia concurso público de alleamento de parcelas propiedade deste instituto, no polígono de Esteiro, en Ferrol.

Cumpridos os trámites regulamentarios no correspondente expediente administrativo, a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolve convoca-lo seguinte concurso público:

Obxecto: concurso público para o alleamento das parcelas que se detallan, propiedade do IGVS, para o seu destino preceptivo e exclusivo á construcción de vivendas declaradas protexidas.

Polígono de Esteiro:

CuarteirónValoración (ptas.)IVE (16%) (ptas.)Total (ptas.)

28 A-1326.979.90652.316.785379.296.691
28 A-2375.150.22860.024.036435.174.264
28 A-3293.846.94147.015.511340.862.452

Prego de bases: o prego de bases que rexerá no concurso poderá ser examinado nos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sitos na Área Central, Polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, ou na Delegación Provincial do IGVS na Coruña, sito no Edificio de Servicios Múltiples, r/ Salvador de Madariaga, s/n, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles agás o sábado.

Garantías: para a presentación de proposicións esixirase aval bancario por importe equivalente ó 5% do prezo da parcela (IVE incluído).

Destinatarios: a esta convocatoria poderán concorre-las seguintes persoas físicas e/ou xurídicas:

a) As persoas físicas e/ou xurídicas que teñan por finalidade a promoción de vivendas e desenvolvesen a súa actividade nese campo, polo menos, os últimos tres anos.

b) As cooperativas de vivendas que, conforme a lexislación vixente, estean validamente constituídas e inscritas ou que se constitúan e inscriban para o efecto, cunha antigüidade mínima de 1 ano, e estean facultadas para seren promotoras de vivendas declaradas protexidas.

c) As demais entidades de finalidade e carácter social, sen ánimo de lucro, que teñan entre os seus propios obxectivos o de promover e proporcionarlles ós seus membros vivendas sometidas a algún réxime de protección pública, sempre que se constituísen ou se constitúan para o efecto, segundo a respectiva lexislación vixente pola que se rexan.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro da Delegación Provincial do IGVS na Coruña, sito no Edificio de Servicios Múltiples, 8ª planta, na rúa Salvador de Madariaga, s/n, en días e horas hábiles, agás os sábados.

O prazo de admisión das proposicións rematará o 15 de setembro de 1999.

Apertura das proposicións: a apertura e admisión de proposicións realizaraa a mesa de contratación, que se reunirá na Delegación Provincial do IGVS na Coruña, ás 11 horas do día 22 de setembro de 1999.

O tribunal técnico constituirase ás 11 horas do día 5 de outubro de 1999, no lugar anteriormente sinalado, para os efectos de emiti-lo informe de valoración ó que fai referencia a cláusula sétima do prego de bases.

A adxudicación provisional das parcelas farase pública no prazo máximo de 30 días contados a partir da data de admisión das proposicións.

Documentos que deben presenta-los ofertantes: as proposicións deberán ir acompañadas dos documentos esixidos na cláusula sexta do prego de bases.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 1999.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo