Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 1999 pola que se convoca concurso público para a contratación da subministración de dous vehículos con destino á EGAP.

1. Obxecto: contratación da subministración de dous vehículos con destino á EGAP.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público

3. Orzamento de licitación:

Lote 1: 4.100.000 ptas.

Lote 2: 4.100.000 ptas.

4. Prazo de subministración: 2 meses.

5. Obtención da documentación: o prego de cláusulas administrativas poderá consultarse no Servicio Económico-Administrativo da Escola Galega de Administración Pública, sita no Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4 de Santiago de Compostela, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

6. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

7. Presentación de proposicións: a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas presentarase en sobre pechado e lacrado no rexistro

da Escola Galega de Administración Pública, sita no Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4 de Santiago de Compostela, ou en calquera das formas establecidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de admisión rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que recaia nun día non hábil, o prazo rematará o seguinte día hábil.

8. Apertura das proposicións: en acto público, que terá lugar na sala de xuntas da Escola Galega de Administración Pública, ás 12 horas do día 18 de agosto de 1999.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública