Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/106-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Nabás.

Situación: Nigrán.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 461 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde a derivación ó C.T. A

Mámoa da L.M.T. GON 805, rematando no C.T. que se proxecta en Nabás, Concello de Nigrán. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 610 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos afectados, presenta alegacións o propietario do predio nº 20, no seu nome e en representación da maioría dos veciños afectados, propoñendo dúas alternativas ó trazado da compañía eléctrica. O primeiro sería por zonas de cultivo e o segundo seguindo o camiño vecinal, afectando soamente ás cabeceiras dos predios.

Trasladadas as alegacións a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. esta contesta que as alternativas propostas poden afectar a predios pechados con viviendas de menos de media hectárea, polo que se imcumpriría o artigo 25 do Decreto 2619/1966, e que a empresa está disposta a estudiar sobre o terreo as alternativas propostas, polo que os veciños deben poñerse en contacto coa compañía. Douse traslado do escrito de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. ós veciños.

Considerando que as alegacións presentadas non foron acompañadas das necesarias autorizacións dos novos propietarios afectados, nin se xustificaron as condicións que indica o artigo 26 limitacións do Decreto 2619/1966 e comprobándose que non existen prohibicións (artigo 25 do citado decreto), de acordo co manifestado pola compañía eléctrica.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execucion das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 1 de xuño de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra