Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 12 de xullo de 1999 Páx. 9.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 17 de xuño de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Nereida III (Redondela D-1).

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo enconta que o interesado obtivo a autorización de acordo con artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas aguas de Galicia (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamado a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Nereida III.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Redondela D, cuadrícula nº 1.

Data da concesión: 11-10-1985 (BOE nº 289).

Data na que remata a derradeira prórroga: 3-12-2003.

Anteriores concesionarios: Manuela Seijo Suárez (35.980.740-T), José Formoso Ameijeiras (35.491.626).

Novo titular da concesión: Paulo Duarto González (76.813.716-H), Gloria Ríos Rivas (35.303.915-L).

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteiores concesionarios, así como obrigados ó cumprimento das diposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 17 de xuño de 1999.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134, do 10 de xullo)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo