Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 12 de xullo de 1999 Páx. 9.041

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 1999/173-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Betanzos, 1-1º Ezq. 15004, 15000 A Coruña.

Denominación: Central Hidroeléctrica Tambre-pé de presa.

Situación: Brión.

Características técnicas: proxecto de instalacións electromecánicas da Central Hidroeléctrica Tambre-pé de presa, constituída por: grupo A: unha turbina Kaplan de eixe vertical de 6.789 kW de potencia, caudal de 22,3 M3/S, salto neto de 33,37 m e 375 R.P.M., axustada a xerador síncrono de 8.149 kVA de potencia aparente a 6 kV. Grupo B: unha turbina Francis de eixe horizontal de 1.731 kV de potencia, caudal de 5 M3/S, salto neto de 37,9 m e 600 R.P.M., axustada a xerador síncrono de 1.847 kVA de potencia aparente a 6 kV. Transformador de potencia de 12.000 kVA e tensións de 6/20 kV. Transformador de servicios auxiliares de 250 kVA e tensión de 400 V. Aparellos para protección, telemando, sinalización e medida. Brión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 25 de xuño de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña