Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 12 de xullo de 1999 Páx. 9.041

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Monse, nos concellos de Agolada, da provincia de Pontevedra e Antas de Ulla (Lugo), por parte de Maceiras Filloy, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Maceiras Filloy, S.L., con domicilio en Penarada, Ouzande, A Estrada, presentou nesta delegación provincial, o día 28 de xaneiro de 1999, instancia-solicitude do permiso de investigación Monse, do 24 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Agolada da provincia de Pontevedra e Antas de Ulla (Lugo), e ó que lle correspondeu o nº 2797, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 17º 57' 00''42º 45' 00''

Vértice 27º 59' 00''42º 45' 00''

Vértice 37º 59' 00''42º 46' 20''

Vértice 47º 57' 00''42º 46' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 22 de xuño de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra