Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 12 de xullo de 1999 Páx. 9.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/31-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Iberdrola, S.A.

Enderezo social: r/ Cardenal Gardoqui nº 8, 48008 Bilbao.

Denominación: ampliación da subestación de San Pedro.

Situación: Nogueira de Ramuín.

Descricións técnicas: composta actualmente por un parque de 15/220 kV, unha posición de transformación equipada con seccionador de illamento e pararraios, un transformador elevador de 15/254±5% kV, de 40 kVA e unha posición de liña sen interruptor á subestación de Santo Estevo.

Amplíase cunha nova posición de liña de 220 kV á central hidráulica de Velle (propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.) en configuración simple barra con capacidade para 2 posicións de liña (Santo Estevo e Velle) e unha posición de transformación.

Orzamento: 106.493.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 21 de abril de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense