Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 12 de xullo de 1999 Páx. 9.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 1999 pola que se notifica a realización da recepción das obras de construcción dun centro de ensino infantil e primario de 22 unidades en Arteixo (A Coruña) e reformado adicional sen variación económica, e outro máis.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 27 de decembro), que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), e resultando infructuosas as notificacións persoais intentadas no domicilio coñecido por esta consellería, resolvo notificarlle por este medio á empresa Edibar, S.L., a realización do acto formal de recepción das obras que se indican

a seguir, para o día 13 de xullo de 1999, ás 11 horas.

Construcción dun centro de ensino infantil e primario de 22 unidades en Arteixo (A Coruña) e reformado adicional sen variación económica.

Complementario ó de construcción dun centro de ensino infantil e primario de 22 uds. en Arteixo (A Coruña).

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria