Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 12 de xullo de 1999 Páx. 9.036

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (184/1998-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido,

Fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 184/1998-10 por instancia do axente da garda civil 32.794.777 contra José Iglesias Agrelo, nas actuacións do cal se dictou sentencia co encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia.

En nome de El-Rei.

En Santiago de Compostela o tres de xuño de 1999.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido perante este xulgado coa referencia núm. 184/1998, na que actuaron como partes: como denunciantes, o axente da garda civil núm. 32.794.777, e como denunciado, José Iglesias Agrelo. Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a José Iglesias Agrelo como autor responsable dunha falta do artigo 636 co Código Penal á pena dunha multa dun mes, a razón de 200 ptas. de cota diaria, así como

ás custas procesuais, e que deberá facer pagamento unha vez que sexa requirido para iso.

A pena deberase pagar unha vez que sexa firme esta resolución, e de non se facer así nin se cobrar por vía de constrinximento cumprirá a pena privativa de liberdade prevista no artigo 53 do Código Penal no centro penitenciario.

Contra esta sentencia poderán interpoñe-los interesados recurso de apelación para ante a Audiencia provincial no prazo de cinco días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse as razóns de indefensión. Así mesmo, deberase acreditar que pediu a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, agás no caso de que se cometesen nun momento en que xa fose imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propoñer en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas,

sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e lle sirva de notificación a José Iglesias Agrelo expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o dez de xuño de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado