Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 12 de xullo de 1999 Páx. 9.036

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (472/1998).

Carmen Veiras Suárez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes, dá fe e testemuño de que neste xulgado se leva xuízo de faltas número 472/1998, no que foi denunciante Antonio Souto Pena e denunciada María de los Ángeles Gómez Iglesias, no cal se dictou sentencia cunha decisión que di literalmente:

Absolvo a María de los Ángeles Gómez Iglesias dos feitos que orixinaron estas actuacións, decretando as custas de oficio.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a María de los Ángeles Gómez Iglesias, expido este edicto en Ordes o catorce de xuño de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado