De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo vacante que se indica no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións que para o posto se sinalan no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, (edificio administrativo San Caetano s/n,
Santiago de Compostela), nas delegacións provinciais, e nas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo modelo que se inclúe no anexo II.
Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntar á petición un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.
Quinto.-No caso de resultar seleccionado para ocupa-lo posto de traballo un funcionario con destino noutra Administración pública, tramitaráselle o seu traslado a esta Comunidade Autónoma conforme o previsto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e nas demais disposicións concordantes.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior radica na mesma localidade do novo destino, e dun mes, se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo do funcionario. Este prazo empezarase a contar a partir do dia seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
Oitavo.-Contra a presente orde, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1999.
(Orde 21-6-1996)
Máximo García Serrano
Secretario xeral de la Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria
ANEXO I
Denominación do posto: subdirector/a xeral de Promoción e Ensino Lingua Galega.
Código do posto: ED.C07.00.001.15770.001.
Dependencia: Dirección Xeral de Política Lingüística.
Localidade: Santiago de Compostela.
Grupo: A.
Nivel: 30.
Complemento específico: 2.275.968.
Corpo ou escala: xeral/docente.
Titulación académica: titulado superior.
Formación específica: diploma de directivo.
ANEXO II
NOTA: úsese o publicado na páxina 9.030.