Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 12 de xullo de 1999 Páx. 9.032

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1999, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para cubrir mediante o nomeamento de persoal interino un posto de traballo de analista-programador (grupo B), vacante nos servicios dependentes do Instituto Galego da Vivenda e Solo, convocada por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 23 de novembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia número 236, do 4 de decembro), pola que se acorda eleva-la proposta do aspirante que superou as probas selectivas.

En sesión celebrada o día 9 de xuño de 1999 polo tribunal designado para xulga-las probas selectivas para a cobertura dun posto de traballo do grupo B, analista-programador, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 23 de novembro de 1998 (DOG nº 236 do 4 de decembro), acordouse, de conformidade co disposto na base oitava de dita convocatoria, eleva-la proposta do aspirante que superou as probas ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

A orde de puntuación do aspirante estableceuse coa suma das puntuacións obtidas nos distintos exercicios en que consistían as probas selectivas, que é a que figura como anexo á presente resolución.

A partires desta publicación no DOG, o aspirante seleccionado disporá do prazo de 10 días naturais para presentar na Dirección Xeral da Función Pública os documentos sinalados na base oitava da orde de convocatoria do 23 de de novembro de 1998.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes segundo se establece no artigo 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1999.

José Antonio Redondo López

Presidente do tribunal

ANEXO

DNI: 76.713.194Y.

Apelidos e nome: Vila Pérez, Hernán.

1º exercicio: 13.

2º exercicio: 24.

3º exercicio: 22,5.

4º exercicio: 2,5.

Total: 62.