Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 12 de xullo de 1999 Páx. 9.031

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1999, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para a cobertura de 14 postos de traballo de inspectores de turismo (grupo B), mediante o nomeamento de persoal interino, vacantes nos servicios dependentes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 10 de maio de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 91, do 13 de maio), pola que se acorda eleva-la proposta de aspirantes que superaron as probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 7 de xullo de 1999, o tribunal designado para xulga-las probas selectivas para a cobertura de 14 postos de traballo de inspectores de turismo (grupo B), convocadas por Orde do 10 de maio de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 91, do 13 de maio), acordou, de conformidade co disposto na base oitava de dita convocatoria, eleva-la proposta de aspirantes que superaron as probas ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

A orde de puntuación dos aspirantes estableceuse de acordo coa puntuación acadada no primeiro exer

cicio, que é a que figura como anexo á presente resolución.

De conformidade co establecido na base oitava da convocatoria, os aspirantes seleccionados disporán dun prazo de 10 días naturais para remitir á Dirección Xeral da Función Pública os documentos ós que se fai referencia nela.

Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 1999.

Andrés González Murga

Presidente do tribunal

ANEXO

Apelidos e nomeDNIPuntuación

Esmorís Varela, Carlos Alberto52.433.69327,23
Ferrero González, Felipe Paulino35.303.95923,68
Santos Pena, María Teresa33.859.34423,28
Rodríguez Mourille, Cecilio35.556.14121,70
Toubes Navarro, Mercedes Patricia33.281.11320,91
Bacariza Cortiñas, Santiago Xosé33.265.92519,73
Suárez Barra, Micael36.097.28719,33
García Otero, Miriam52.483.14718,15
Pousa Cobas, Ana María33.275.77117,75
Cortiñas Fernández, Silvia33.291.12217,75
Fernández Castro, Mª Ana de Jesús34.261.67816,96
Martínez Sieira, Juan Luis16.036.84716,57
Mallo Rama, Pilar76.350.42216,17
Cimas Hernando, Ana Teresa9.748.30315,78