Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 12 de xullo de 1999 Páx. 9.031

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 1 de xullo de 1999, dos tribunais números 1, 2, 3 e 4 nomeados para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo A), escala de profesores numerarios de institutos politécnicos Marítimo Pesqueiros.

De conformidade co disposto na base II.1.4 da Orde do 26 de agosto de 1997, pola que se convocan as citadas probas selectivas (Diario Oficial de Galicia nº 198, do 14-10-1997) e resoltas as reclamacións presentadas, acórdase elevar a definitivas as puntuacións obtidas na fase de concurso.

As citadas puntuacións están expostas desde o día da publicación do presente acordo, nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, das súas delegacións provinciais, da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e das súas delegacións territoriais.

Contra o presente acordo os interesados poderán interpoñer de conformidade co previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1999.

Enrique Álvarez Romero

Presidente do tribunal coordinador número 1