Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría
Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior da Xunta de Galicia, por Orde do 12 de abril de 1999 (DOG nº 77, do 23 de abril), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, e de acordo co establecido na base sexta da citada convocatoria, esta consellería dispón resolve-la citada convocatoria de acordo cos seguintes puntos:
Primeiro.-Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo I da presente orde.
Segundo.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/99, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1999.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia e Administración
Pública
ANEXO I
Denominación: secretario/a do secretario xeral.
Centro directivo: Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior da Xunta de Galicia.
Localidade: Santiago de Compostela.
Código: PR.P09.00.000.15770.001.