Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 12 de xullo de 1999 Páx. 9.027

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1999, da Dirección do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, pola que se adxudican bolsas de especialización para a realización de estudios sobre a muller e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de Galicia.

Por Orde do 21 de decembro de 1998, da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller

e Xuventude, convocáronse 3 bolsas ou axudas económicas de especialización para a realización de estudios sobre a muller e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en Galicia.

De conformidade co previsto na base sexta da devandita orde, correspóndelle á directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller resolve-la adxudicación das bolsas de especialización.

Na súa virtude, observados os trámites establecidos na orde de convocatoria e á vista da proposta definitiva elevada pola Comisión de Selección prevista nela,

RESOLVO:

Adxudicárlle-las bolsas ás/ós beneficiarias/os que figuran no anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, de conformidade co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. En todo caso, se se opta pola interposición do recurso de reposición, non se poderá deducir recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1999.

Aurora Montes Santa-Olalla

Directora do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

ANEXO

Eva Ferreiro Estévez: 35.324.230-W.

Pablo Andrade Taboada: 10.196.247-W.

Francisca Fernández Prol: 44.471.941-S.