Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 12 de xullo de 1999 Páx. 9.015

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de xuño de 1999 pola que se traslada a oferta de ensinanzas de centros de educación permanente de adultos e aulas de educación permanente de adultos a institutos de educación secundaria.

Segundo a Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aprobou o Estatuto de autonomía de

Galicia, e o Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre o traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, correspóndenlle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado.

No marco destas competencias, a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, no seu artigo 52 prevé que as persoas adultas que queiran adquirir coñecementos equivalentes á educación básica contarán cunha oferta adaptada ás súas condicións e necesidades, co propósito de actualiza-la cualificación dos cidadáns, e que aquelas persoas que teñan o título de graduado escolar poidan acceder a programas ou a centros docentes que os axuden a alcanza-la formación básica prevista na mencionada lei para a educación básica obrigatoria.

O Decreto 88/1999, do 11 de marzo (Diario Oficial de Galicia do 13 de abril), polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros, establece no seu artigo 11 que as ensinanzas de adultos poderán impartirse en centros ordinarios de ensino non universitario que autorice a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Por outra parte, mediante a Orde do 17 de xuño de 1999 autorizouse impartir ensinanzas de educación de adultos en certos institutos de educación secundaria.

Coa finalidade de ofertar coas necesarias garantías de calidade o novo deseño das ensinanzas de adultos de acordo coas previsións da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e co ánimo de facilitar que se cursen ensinanzas de adultos alí onde se demandan, e que estas se poidan ofertar con apoio de medios e espacios axeitados, trasládase a oferta de ensinanzas de educación de adultos que ata o de agora se viñan impartindo en centros específicos e aulas en centros ordinarios a institutos de educación secundaria adaptados para imparti-las novas ensinanzas. En definitiva, trátase de mellora-la calidade e potencia-la oferta das ensinanzas das persoas adultas, á vez que se rendibilizan os recursos educativos existentes.

Na súa virtude, e no uso das competencias que ten atribuídas, e Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo traslado da oferta educativa que se viña impartindo nos centros e aulas de educación de adultos ós institutos de educación secundaria que se relacionan no anexo.

Segundo.-O profesorado afectado polo punto primeiro que estea adscrito de forma definitiva ós centros e aulas de educación de adultos incorporarase nas mesmas condicións ós institutos de educación secundaria que lle corresponda, impartindo as ensinanzas para as que estaba autorizado nos centros de procedencia, e así mesmo, sempre que posúa a especialidade, poderá imparti-los módulos un e dous do nivel III de educación secundaria para adultos establecido na Orde do 26 de maio de 1997.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional a dictar cantas normas sexan necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

A oferta educativa dos centros e aulas de educación de adultos relacionados na primeira columna trasládase ós institutos de educación secundaria que se correspondan na segunda columna.

A Coruña:

Centros de educación de adultosInstitutos de educación secundaria

EPA de Culleredo. Culleredo

15005749

IES Cruceiro Baleares. Culleredo

EPA de Buño. Malpica de Bergantiños15027307IES Isidro Parga Pondal. Carballo
EPA de Malpica. Malpica de Bergantiños15026406IES de Ponteceso. Ponteceso
EPA de Mugardos. Mugardos15025657IES de Mugardos.

Mugardos

EPA de Narón. Narón15025268IES As Telleiras. Narón
EPA de Pontedeume. Pontedeume15020556IES nº 1 de Pontedeume. Pontedeume

Lugo:

Centros de educación de adultosInstitutos de educación secundaria

EPA de Sarria. Sarria

27012036

IES nº 1 de Sarria. Sarria

EPA de Vilalba. Vilalba27013326IES nº 1 de Vilalba. Vilalba

Pontevedra:

Centros de educación de adultosInstitutos de educación secundaria

EPA da Estrada. A Estrada

36002359

IES Antón Losada Diéguez. A Estrada

EPA de Redondela. Redondela36016656IES Pedro Floriani.

Redondela

EPA de Tui. Tui36014544IES Francisco Sánchez. Tui

Aulas de EPA en centros públicos

A Coruña:

Centros de educación de adultosInstitutos de educación secundaria

Aula EPA no CEIP Almirante Carrero Blanco. Arteixo

15023314

IES de Sabón. Arteixo

Aula EPA no CEIP Fco. Vales Villamarín. Betanzos15001148IES As Mariñas. Betanzos
Aula EPA no CEIP de Ponte do Porto. Camariñas15026418IES de Vimianzo.

Vimianzo

Aula EPA no CEIP A Cristina. Carballo15027307IES Isidro Parga Pondal. Carballo
Aula EPA no CEIP Eugenio López. Cee15003224IES Fernando Blanco. Cee
Aula EPA no CEIP Praia de Quenxe. Corcubión15003224IES Fernando Blanco. Cee
Aula EPA no CEIP Ramón Otero Pedrayo. Laracha15023314IES de Sabón. Arteixo
Aula EPA no CEIP Melide nº 1. Melide15008817IES de Melide. Melide
Aula EPA no CEIP do Mesón do Vento. Ordes15027782IES nº 1 de Ordes. Ordes
Aula EPA no CEIP Alférez Provisional. Ortigueira15020544IES de Ortigueira. Ortigueira
Aula EPA no CEIP da Serra de Outes. Outes15027976IES de Outes. Outes
Aula EPA no CEIP Pedro Barrié de la Maza. Sada15026029IES Isaac Díaz Pardo. Sada
Aula EPA CEIP Barrié de la Maza. Santa Comba15026030IES Terra de Xallas. Santa Comba
Aula EPA no CEIP San Vicente. Vimianzo15026418IES de Vimianzo.

Vimianzo

Pontevedra:

Centros de educación de adultosInstitutos de educación secundaria

Aula EPA no CEIP de Silleda. Silleda

36020350

IES de Silleda. Silleda