Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de xuño de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, o acordo de incoación do expediente sancionador VP-C 18/1999.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novem

bro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle a Manuel Rey Seijo acordo de incoación do correspondente expediente sancionador VP-C 18/1999, iniciado neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa prevista no artigo 5.C da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, unha vez intentada a notificación no seu domicilio os días 25-5-1999 e 26-5-1999.

Desígnanse respectivamente instructora e secretaria destes a Clara Gómez Ruiz e Carmen Pombo Chans, concedéndolle ó interesado quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para facer cantas alegacións crea oportunas no seu descargo e, de selo caso, solicita-la práctica das probas.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 11 de xuño de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefe da Área Provinical da Coruña

ANEXO

VP-C 18/1999.

Manuel Rey Seijo.

Urbanización Rialta, rúa do Peneiro nº 7, 2º A, Arillo (Oleiros).