Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 9 de xuño de 1999, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-83/020, conta 38 e tres máis).

En cumprimento do disposto no artigo 1.17º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código Civil e a cláusula III, IV e XIV do contrato de compravenda, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que sesinalan, facéndolles

constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común concédeselles un prazo de dez días hábiles para que poñan ó día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 9 de xuño de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

José M. Martínez Ferreiros e herdeiros.

Expte. C-83/020 (desafiuzamento F.P. 126/1999).

Conta 38.

Avda. Castelao, 27, bloque 1, P-4, 5º Dta., Polígono de Caranza (Ferrol).

Importe débeda: 1.608.501 ptas.

Nicolás Camacho Giménez e herdeiros.

Expte. C-85/200 (desafiuzamento F.P. 146/1999).

Conta 20.

Polígono de Esteiro, rúa 11, bloque 25, P-3, 3º C (Ferrol).

Importe débeda: 1.740.199 ptas.

Mª del Pilar Roquer Rodríguez e herdeiros.

Exp. C-109-CD/67 (desafiuzamento F.P. 213/1999).

Conta 231.

r/ Lepanto, bloque 33, P-10, 8º Dta., Polígono de Caranza (Ferrol).

Importe débeda: 305.130 ptas.

Maximilian Garrán Rodríguez e herdeiros.

Exp. C-1-IV/78-1 (desafiuzamento F.P. 219/1999).

Conta 171.

r/ Pardo Bazán, bloque 47, P-50, 2º I (Ferrol).

Importe débeda: 2.098.644 ptas.