Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1999 pola que se notifica a resolución do recurso ordinario do expediente sancionador de pesca fluvial de Galicia 18/1998, de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución do devandito expediente, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Esta resolución, de conformidade coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esgota a vía administrativa e na súa contra só procederá, de se-lo o caso, o recurso contencioso-administrativo para interpoñer perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente

no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1999.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Expediente: 18/98.

Provincia: Pontevedra.

Denunciados/últimos domicilios coñecidos:-Alfonso Piñeiro Castro.

r/ Urcela-Cristiñade nº 16, Ponteareas (Pontevedra).-Saturnino Ribero Rodríguez.

r/ Urcela-Cristiñade nº 16, Ponteareas (Pontevedra).-José Ángel Presa Fernández.

r/ Urcela-Cristiñade nº 16, Ponteareas (Pontevedra).-Alfonso Porto Groba.

r/ Urcela-Cristiñade nº 16, Ponteareas (Pontevedra).

Contido da resolución recorrida:

Feitos imputados: autorizados para a pesca da lamprea, cambiaron de marxe do río a estacada empregada, pasando da marxe dereita á esquerda.

Tipificación: artigo 34.16º da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: multa de 300.000 pesetas para pagar conxuntamente e solidariamente os denunciados.

Resolución do recurso: multa de 200.000 pesetas como consecuencia da estimación parcial do recurso ordinario, confirmado o resto da resolución nos demais termos.