De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona os acordos de iniciación dictados en expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.
A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da Lei orgánica 1/1992.
Noméase instructor do expediente a Julián Alonso García, posto base do grupo A e secretaria a Rosa María García Ramos, posto base grupo B, ámbolos dous do Servicio de Interior, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1398/1993.
No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
En cumprimento do artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común -LRXAPC- (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) infórmaselle de que o prazo máximo para resolver e notifica-lo procedemento é de seis meses contado desde o acordo, de conformidade co artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993; e no suposto do vencemento do prazo sen se ter dictada resolución, producirase a caducidade do procedemento co arquivo das actuacións, segundo sinala o artigo 44.2º da LRXPAC.
A Coruña, 2 de xuño de 1999.
Reyes Carabel Pedreira
Delegada provincial da Coruña
ANEXO
Número expediente: 121/1999.
Denunciado: Emilio Piedra López.
Enderezo: Lugar de Pousa-Santa María de Iria-Padrón.
Establecemento: Night Club Caribe.
Precepto infrinxido: 23 o) LO 1/1992.
Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.
Multa máxima: de 50.001 ata 5.000.000 de ptas.
Número expediente: 141/1999.
Denunciado: Emilio Piedra López.
Enderezo: Lugar de Pousa-Santa María de Iria-Padrón.
Establecemento: Night Club Caribe.
Precepto infrinxido: 23 o) LO 1/1992.
Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.
Multa máxima: de 50.001 ata 5.000.000 de ptas.