Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.962

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1999, da División de Recursos Humanos, pola que se emprezan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 1/210/1999, interposto pola Asociación de Técnicos Especialistas en Prótese Dental.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 1/210/99, interposto pola Asociación de Técnicos Especialistas en Prótese Dental contra a Orde do 16 de novembro de 1998 (DOG nº 238, do 10 de decembro), pola que se regula o procedemento e o prazo para solicita-lo certificado de habilitación profesional como protésicos dentais e hixienistas dentais.

O dito recurso foi ampliado posteriormente, por auto do 13 de maio de 1999, a tódolos certificados de habilitación profesional expedidos en execución da orde.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer en autos, como demandados, na sección primeira da referida sala no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos