Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.958

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector das industrias vinícolas, licoreiras, sidreiras e o seu comercio da provincia da Coruña.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de industrias vinícolas, licoreiras, sidreiras e o seu comercio da provincia da Coruña que tivo entrada nesta delegación provincial o día 25-5-1999, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios Distribuidores y Embotelladores de Bebidas, e da parte social por UGT e CC.OO. o día 26-4-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente

nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 31 de maio de 1999.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial para industrias vinícolas, licoreiras, sidreiras e o seu comercio da provincia da Coruña 1999-2000 (Código 1500835.

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio será de aplicación a tódalas empresas encadradas nas actividades de industrias vinícolas, licoreiras, sidreiras e o seu comercio.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Ampara este convenio a tódolos productores que presten servicios nas empresas e centros a que se refire o artigo anterior.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

Canto polo presente convenio se estipula será de obrigatoria observancia en toda a provincia da Coruña respecto ás empresas e traballadores afectados por el.

Artigo 4º.-Vixencia e revisión.

A duración do presente convenio será de dous anos e iniciará a súa vixencia o 1 de xaneiro de 1999 e rematará o 31 de decembro de 2000, os seus efectos terán carácter retroactivo ó 1 de xaneiro de 1999, agás as mencións específicas referidas a axudas de custo e seguros que entrarán en vigor o día da sinatura do convenio.

Todo o anterior será de aplicación con indepencia da data da súa publicación no BOP.

Artigo 5º.-Compensación, garantías e absorción.

As condicións pactadas forman un todo orgánico, indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán considerados globalmente.

As melloras establecidas por este convenio serán absorbibles ou compensadas coas melloras de calquera clase, forma ou denominación, que teñan establecidas ou concedidas as empresas con carácter voluntario en calquera momento, e polas que se establezan no futuro, en virtude de disposición de calquera título ou categoría.

Tendo en conta a natureza do convenio, as disposicións legais futuras que impliquen variación económica en todos ou nalgún dos conceptos retributivos unicamente terán eficacia práctica se globalmente considerados ou sumados para os efectos vixentes con anterioridade ó convenio, superan o nivel destes.

En caso contrario, consideraranse absorbidos polas melloras pactadas neste convenio.

Respectaranse as situacións persoais que con carácter global excedan do convenio, manténdose estrictamente ad personam.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

A comisión será un órgano de interpretación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do pactado no presente convenio. As súas funcións serán:

1º Interpretación auténtica do convenio.

2º Arbitraxe dos problemas ou cuestións que sexan sometidas por ámbalas partes, de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

3º Conciliación facultativa nos problemas colectivos, con independencia das atribucións que por norma legal poidan corresponder ós organismos competentes.

4º Vixilancia do cumprimento do pactado.

As resolucións ou acordos adoptados por unanimidade pola comisión paritaria terán carácter vinculante.

A comisión comporase dun presidente que se elixirá en primeira reunión e actuaría como mediador con voz pero non con voto, e de seis vocais, tres por cada parte, de entre os que actuaron na deliberación do convenio. Ademais do presidente levantará acta dos acordos e resolucións que adopte a comisión que deberán ser asinados polos señores que interveñan.

Poderán nomearse asesores por cada representación aínda que estes terán dereito a voz pero non a voto.

A comisión en primeira convocatoria non poderá actuar sen a presencia de tódolos vocais, e en segunda o seguinte día hábil, actuará cos que asistan, tendo voto unicamente en número paritario dos vocais presentes sexan titulares ou suplentes.

A comisión paritaria reunirase por instancia de calquera das partes, poñéndose de acordo estas co presidente sobre o lugar, día e hora da reunión, convindo ámbalas partes en dar coñecemento á comisión paritaria de cantas dúbidas, discrepancias e conflictos que puidesen producirse como consecuencia da interpretación e aplicación do convenio.

Artigo 7º.-Réxime de traballo.

A xornada máxima de traballo efectivo para o persoal abranguido no presente convenio será de 1.798 horas anuais para o ano 1999, e de 1796 horas para o ano 2000, distribuídas de luns a venres.

Artigo 8º.-Vacacións.

O persoal abranguido no presente convenio desfrutará dun período anual de vacacións dun mes (30 días).

É obriga da empresa, logo de acordo dos comités ou delegados de persoal, confeccionar un calendario de vacacións que deberá estar exposto no taboleiro de anuncios cunha antelación mínima de tres meses antes do período de vacacións para o coñecemento dos traballadores.

O desfrute desta será: quince días de xuño a setembro, ámbolos dous incluídos, e os quince restantes no resto do ano, de común acordo entre empresario e traballador.

A retribución correspondente ó período de vacacións estará constituída polo salario base, a antigüidade e o complemento de asistencia que corresponda a cada categoría.

Artigo 9º.-Salario base.

Os traballadores afectados polo presente convenio percibirán en concepto de salario desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 1999 as cantidades que figuran neste convenio e por categoría profesional no anexo I.

Artigo 10º.-Aumentos periódicos por anos de servicio.

A antigüidade para o persoal abranguido no presente convenio, consistirá en 12 bienios.

O importe de cada bienio transcorrido a partir da data de iniciación da vixencia deste convenio será de 4.288 ptas.

A contía dos novos bienios que se cumpran será a correspondente ás 4.288 pesetas antes citadas.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

De acordo co Decreto lei do 17 de agosto de 1973, sobre ordenación do salario e orde ministerial do 22 de novembro de 1973 que o desenvolve, a determinación das horas extraordinarias farase mediante a aplicación da fórmula seguinte:

(365+G) x (S+A)

SHI ---------------------

DT x 733

Na dita fórmula:

SHI = salario individual hora

365 = días do ano

G = número de días de retribución que corresponden ás gratificacións extraordinarias de Nadal, xullo e beneficios.

DT = días de traballo ó ano, deducidos os domingos, festivos e vacacións.

A = antigüidade

O salario hora que resulte da aplicación da fórmula anterior servirá de base para determina-lo importe das horas extraordinarias.

O incremento que se aplicará sobre o salario hora para o pagamento das horas extraordinarias será o seguinte:

-O 75 por cento nas horas extraordinarias de días laborables.

-O 150 por cento nas horas nocturnas, domingos e festivos.

Artigo 12º.-Gratificacións extraordinarias.

A) As gratificacións extraordinarias de Nadal e xullo serán equivalentes ó importe dunha mensualidade cada unha.

Cada gratificación estará constituída polo soldo base e a antigüidade que para cada categoría profesional establece o presente convenio. O importe das ditas gratificacións será rateable en proporción ó tempo traballado durante o ano, computándose como tal o correspondente a enfermidade xustificada, accidentes de traballo, vacacións e permisos.

B) Establécese unha gratificación de 47.634 pesetas para o ano 1999, para todo o persoal afectado por este convenio sen distinción de categorías, que se aboará en concepto de patrona do sector o día 8 de setembro.

As empresas, logo de acordo co comité de empresa, poderán ratear cada mes as gratificacións de xullo, a da patrona e a metade da de Nadal. A outra metade da de Nadal será aboada na primeira quincena de decembro.

Para o segundo ano incrementarase na mesma porcentaxe có resto de conceptos económicos.

Artigo 13º.-Complemento de asistencia.

Establécese un complemento de asistencia ó traballo cunha contía de 423 pesetas por día efectivo de traballo para o primeiro ano de vixencia do convenio. Os días laborables de vacacións de luns a venres devengarán de igual forma o dito concepto aínda cando non haxa presencia física no centro de traballo. Exceptúanse as faltas ó traballo como causa de accidente laboral ou previo consentimento expreso da empresa para a súa non deducción.

Artigo 14º.-Complemento de tóxicos, penosos e perigosos.

Naqueles supostos nos que concorrese a existencia de penosidade, toxicidade ou perigosidade, aboarase un 25 por cento sobre o salario base.

A falta de acordo entre a empresa e o traballador respecto á cualificación do posto de traballo como penoso, tóxico ou perigoso será resolto pola Delegación Provincial de Traballo. A percepción dos indicados complementos será, en todo caso, proporcional ó tempo de prestación de servicios no posto de traballo cualificado como tal, e desaparecerá o dereito á percepción das cantidades que por tal concepto se perciben, se por mellora das instalacións ou procedementos desapareceran as condicións que orixinan a súa existencia.

Artigo 15º.-Premio de xubilación.

Consistirá nun premio por xubilación de acordo coa seguinte escala para tódolos traballadores que

teñan un mínimo de antigüidade de 5 anos na empresa e se xubilen coas seguintes idades:

-60 anos: 310.000 pesetas.

-61 anos: 260.000 pesetas.

-62 anos: 210.000 pesetas.

-63 anos: 185.000 pesetas.

-64 anos: 160.000 pesetas.

-65 anos: 135.000 pesetas.

Artigo 16º.-Roupa de traballo.

As empresas entregaranlle ó traballador dúas fundas ó ano, a primeira no mes de xaneiro e a segunda no mes de xullo. Esta roupa poderá ser substituída por uniforme ou por roupa de traballo semellante, con duración dun ano, pero sen que en ningún caso teñan valor inferior ás expresadas fundas; igualmente en razón da clase de traballo que se realice e cando as necesidades deste o requiran, entregaráselle ó traballador un par de calzado ó ano.

Artigo 17º.-Póliza de seguros.

As empresas estarán obrigadas a concertar con primas íntegras ó seu cargo no prazo de tres meses, unha vez homologado o presente convenio, unha póliza de seguros para a cobertura e os riscos de falecemento ou invalidez permanente absoluta dos traballadores, por accidente de traballo, incluídos os accidentes in itinere que lle garanta ó traballador ou ós seus habentes causa no caso de falecemento producido por causa fortuíta espontánea, exterior ou independente da vontade do traballador, ou a invalidez indicada, á percepción das indemnizacións seguintes:

a) 2.500.000 pesetas en caso de falecemento do traballador.

b) 3.000.000 pesetas en caso de invalidez permanente absoluta derivada da mesma continxencia.

En ámbolos casos a referida póliza só abranguerá os procesos indicados a partir da vixneica e validez desta.

Para os efectos deste artigo, a cualificación de accidente e de grao de invalidez será a que no seu día dictaminen os organismos laborais.

Estas compensacións son compatibles coas pensións ou indemnizacións que poida corresponder percibir ó traballador da Seguridade Social ou montepío.

Non obstante o exposto anteriormente, as indemnizacións que sexan percibidas polos traballadores con cargo ó contrato de seguro de accidente que voluntariamente se contén neste convenio, considéranse como entregadas a conta das indemnizacións que, se é o caso, puidesen declarar como cargo ás empresas, os tribunais de xustiza, compensándose ata onde aquelas alcancen.

Faise constar expresamente que os capitais anteriormente pactados e que cobren os riscos indicados soamente empezarán a rexer, unha vez que a póliza

de seguro subscrita con motivo do anterior convenio e actualmente en vigor, chegue á súa caducidade.

Artigo 18º.-Incapacidade transitoria.

Nos casos de baixa por enfermidade, as empresas afectadas polo presente convenio, complementarán as prestacións da Seguridade Social ata alcanza-lo 90 por cento do salario real do convenio dos traballadores afectados desde o primeiro día da baixa e ata o día 30, a partir do cal o aboamento será do 100 por cento. Nos casos de baixa por accidente, hospitalización ou intervención cirúrxica, o aboamento será do 100 por cento desde o primeiro día.

Artigo 19º.-Porcentaxes de incremento salarial.

As porcentaxes de incremento salarial establecidas no presente convenio, non serán de necesaria ou obrigada aplicación para aquelas empresas que acrediten obxectiva e fidedignamente situacións de déficit ou perdas nos exercicios contables de 1996, 1997 e 1998. Así mesmo, teranse en conta as previsións para 1999.

Nestes casos trasladarase ás partes a fixación do aumento de salarios para valorar esta situación, teranse en conta as circunstancias tales como o insuficiente nivel de producción e venda e ateranse os datos que resulten da contabilidade das empresas, do seu balance e das súas contas de resultados.

No caso de discrepancia sobre a valoración dos ditos datos, poderán utilizarse informes de auditorías ou censores de contas, atendendo ás circunstancias e dimensión das empresas. En función da unidade de contratación en que estean comprendidas, as empresas que alegan as ditas circunstancias deberán presentar ante a representación dos traballadores a documentación precisa, balance, contas de resultados e, se é o caso, informe de auditores ou de censores, que xustifiquen un tratamento salarial diferenciado.

Neste sentido, nas de menos de 25 traballadores, e en función dos custos económicos que isto implica, substituirase o informe de auditores ou censores xurados de contas pola documentación que resulta precisa dentro da sinalada nos parágrafos anteriores para demostrar de maneira que faga fe, a situación de perdas.

Os representantes legais dos traballadores están obrigados a tratar e manter na maior reserva as informacións recibidas e os datos a que tivesen acceso como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, por conseguinte, sixilo profesional.

Artigo 20º

A duración deste convenio será de dous anos desde o 1 de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro de 2000, salvo que por falta de denuncia dentro do prazo e forma que se estipula, se considere prorrogado.

O convenio colectivo quedará prorrogado tacitamente ó seu vencemento co incremento do IPC por períodos sucesivos dunha anualidade, a non ser que

se denuncie para a súa revisión cun mínimo de tres meses antes do seu vencemento ou do dalgunha das súas prórrogas por calquera das partes.

Esta denuncia farase mediante escrito razoado dirixido á Delegación de Traballo, estando obrigada a parte denunciante a comunicalo ó mesmo tempo á parte demandada.

Artigo 21º.-Dereitos sindicais.

a) Os recoñecidos na normativa legal vixente.

b) Dereito á creación de seccións sindicais.

c) A empresa descontará, logo de autorización nominativa e conformada de cada traballador, a cota sindical da nómina.

Artigo 22º.-Contía das retribucións.

O incremento salarial acordado para 1999 e 2000 será o seguinte:

Ano 1999: será equivalente ó IPC previsto na Lei de orzamentos do Estado para o citado ano, incrementado nun 0,7 por cento ata o 31 de decembro de 1999.

No caso de que o IPC real de 1999 resulte superior ó previsto, na mesma porcentaxe do dito exceso, revisaranse os salarios con efectos do 1 de xaneiro de 1999, servindo de base os novos salarios así establecidos, para determina-los correspondentes ós próximos anos.

Ano 2000: será o equivalente ó IPC previsto na Lei de orzamentos do Estado para o citado ano, incrementado nun 0,50 por cento.

No caso de que o IPC real de 2000 resulte superior ó previsto, na mesma porcentaxe do dito exceso, revisaranse os salarios con efectos do 1 de xaneiro de 2000, servindo de base os novos salarios así establecidos, para determina-los correspondentes ós próximos anos.

Estes incrementos aplicaranse ós conceptos salariais recollidos neste convenio como son: as táboas salariais por categorías profesionais, antigüidades, pero só aplicables ós novos bienios, quedando polo tanto os anteriores consolidados nas cantidades que viñesen percibindo ata a data, paga das viñas e complemento de asistencia.

Artigo 23º.-Axudas de custo.

A axuda de custos na modalidade que se sinala está excepcionalmente ligada á viaxe ou desprazamento que por necesidade ou orde da empresa deban efectua-los traballadores a poboación distinta a aquela na que estea situado o domicilio habitual da empresa ou centro de traballo, de tal forma que lle impida ó traballador efectuar, ben sexa unha ou dúas comidas principais e, se é o caso, pernoitar no seu domicilio.

Axuda de custo para almorzo: devengarase cando o comezo do servicio se efectúe antes das 8 da mañá. O seu importe será de 256 pesetas.

Axuda de custo para xantar: devengarase cando non exista posibilidade de regreso antes das 14 horas. O seu importe será de 1.312 pesetas.

Axuda de custo para cea: devengarase cando non exista posibilidade de regreso antes das 22 horas. O seu importe será de 1.199 pesetas.

Cando se pase a noite fóra do domicilio a empresa aboará os gastos, logo de xustificalos.

A vixencia deste artigo será desde o momento da sinatura do convenio.

Artigo 24º.-Ordenanza laboral.

Derrogada a ordenanza laboral de industrias vinícolas pola que se viña rexendo o sector, aplicarase como dereito accesorio o contido do laudo arbitral de industrias vinícolas dictado por Resolución do 29 de abril de 1996, pola Dirección Xeral de Traballo, agás no caso de que este incorrese en vicio de nulidade, neste caso renegociarase o seu contido nun próximo convenio de ámbito sectorial.

ANEXO I

Táboas salariais convenio das industrias vinícolas 1999 e outros conceptos retributivos

Salar.

mensual

Salar.

anual

Grupo A (técnicos):

Xefe superior210.9363.105.462

1º técnico titulado

Titulado superior189.8422.810.326

Titulado medio168.7532.515.080

Titulado inferior135.0012.042.552

2º técnico non titulado

Encargado xeral bodega147.6592.219.764

Encargado laboratorio118.1241.806.274

Axudante laboratorio101.2521.570.066

Auxiliar laboratorio92.8131.451.914

Grupo B (administrativos)

Xefe superior210.9363.105.468

Xefe de primeira168.7532.515.080

Xefe de segunda147.6592.219.764

Oficial de primeira109.6881.688.170

Oficial de segunda101.2521.570.066

Auxiliar92.8131.451.914

Aspirantes de 16 a 17 anos77.7191.156.604

Grupo C (comerciais)

Xefe superior210.9363.105.468

Xefe de vendas126.5641.924.434

Inspector de vendas113.9081.747.250

Corredor de praza105.4681.629.090

Viaxante105.4681.629.090

Grupo D (subalternos)

Conserxe98.6891.534.184

Subalterno 1ª93.9891.468.384

Subalterno 2ª91.2521.430.066

Subalterno auxiliar88.5941.392.854

Salar.

mensual

Salar.

anual

Botóns e recade. 16 a 17 anos67.4981.097.510

Persoal limpeza84.3741.333.774

Persoal limpeza351 ptas. hora

Grupo E (obreiros)

1º profesional oficio

Capataz de bodega3.6131.695.289

Encargado de sección3.4751.636.363

Oficial 1ª3.3351.576.583

Oficial 2ª3.1961.517.230

Oficial 3ª2.9231.400.659

2º oficios auxiliares

Oficial 1ª3.3351.576.583

Oficial 2ª3.1961.517.230

Peón especializado2.9231.400.659

Peón2.8771.381.017

Pinche de 16 a 17 anos2.4451.196.553

Antigüidade (valor bienio):4.288 pesetas.

Gratificación patronal sector:47.634 pesetas.

Complemento asistencia (valor diario):423 pesetas.