Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.933

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de xuño de 1999 pola que se aproban determinados proxectos editoriais para a educación primaria e se autoriza o uso de libros de texto e dos correspondentes materiais curriculares en centros docentes públicos e privados da Comunidade Autónoma.

O Decreto 89/1993, do 19 de abril, regula a autorización de libros de texto e doutros materiais curri

culares para as ensinanzas de réxime xeral, así como o seu uso nos centros docentes.

O devandito decreto establece como elemento fundamental do proceso de autorización a presentación do proxecto editorial e define as condicións que este ten que reunir para a súa aprobación.

A Orde do 15 de novembro de 1994 desenvolve o devandito decreto, concretando a documentación que se debe xuntar á solicitude de autorización e precisando os termos nos que os libros de texto e os materiais curriculares, sempre que se axusten ó proxecto editorial aprobado, farán consta-la autorización.

En virtude das mencionadas normas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Quedan autorizados os proxectos editoriais supervisados que se mencionan no anexo desta orde, así como o uso nos centros docentes públicos e privados da Comunidade Autónoma dos libros de texto e dos correspondentes materiais curriculares nos que se concretan os devanditos proxectos.

Artigo 2º

Os libros de texto e materiais curriculares resultantes do proxecto editorial mencionado farán consta-la autorización nos termos establecidos na citada Orde do 15 de novembro de 1994.

Esta orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Relación dos proxectos editoriais supervisados

EditorialProxecto

Alhambra Longman, S.A.:-Proxecto editorial «New stepping stones» da área de lingua estranxeira: inglés para o 3º ciclo, 5º e 6º cursos de educación primaria.

Grupo Anaya, S.A.:-Proxecto editorial «Lingua Primaria» da área de lingua galega e literatura para o 3º ciclo, 5º e 6º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Coñecemento do medio. Primaria» da área de coñecemento do medio natural, social e cultural para o 3º ciclo, 5º e 6ºcursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Matemáticas. Primaria» da área de matemáticas para o 3º ciclo, 5º e 6ºcursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Inglés: Goldfish» da área de lingua estranxeira: inglés para o 3º ciclo, 5º e 6ºcursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Educación Física» da área de educación física para o 3º ciclo, 5º e 6ºcursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Lengua Castellana y Literatura» da área de lingua castelá e literatura para o 3º ciclo, 5º e 6º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Plástica» da área de educación artística para o 3º ciclo, 5º e 6º cursos de educación primaria.

Galinova, S.L.:-Proxecto editorial «1º ciclo de Educación Primaria-Música» da área de educación artística para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «2º ciclo de Educación Primaria-Música» da área de educación artística para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.

EditorialProxecto

-Proxecto editorial «3º ciclo de Educación Primaria-Música» da área de educación artística para o 3º ciclo, 5º e 6ºcursos de educación primaria.

Marfil, S.A.:-Proxecto editorial «Música» da área de educación artística para o 1º, 2º e 3º ciclo, 1º, 2º, 3º ,4º, 5º e 6º cursos de educación primaria.

Obradoiro, S.A.:-Proxecto editorial «Libro das Preguntas-Caderno do Explorador» da área de coñecemento do medio natural, social e cultural para o 2º ciclo, 4º curso de educación primaria.
-Proxecto editorial «Matemáticas» da área de matemáticas para o 2º ciclo, 4º curso de educación primaria.
-Proxecto editorial «Lingua-Ronsel 2000» da área de lingua galega e literatura para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Good Times 1 e 2» da área de lingua estranxeira: inglés para o 2º ciclo, 3º e 41 cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Educación Artística» da área de educación artística para o 2º ciclo, 4º curso de educación primaria.

Oxford University Press:-Proxecto editorial «Fantastic Fanfare 3&4» da área de lingua estranxeira: inglés para o 3º ciclo, 5º e 6º cursos de educación primaria.

Sotelo Blanco Edicións:-Proxecto editorial «Coñecemento do Medio» da área de coñecemento do medio natural, social e cultural para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Lingua e Literatura Galegas» da área de lingua galega e literatura para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Matemáticas» da área de matemáticas para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.

Ediciones SM:-Proxecto editorial «Terra. Lingua» da área de lingua galega e literatura para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Mundo para Todos» da área de coñecemento do medio natural, social e cultural para o 3º ciclo, 5º e 6º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Mundo para Todos» da área de lingua castelá e literatura para o 3º ciclo, 5º e 6º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Mundo para Todos» da área de matemáticas para o 3º ciclo, 5º e 6º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Educación Artística (Ámbito Plástica)» da área de educación artística para o 3º ciclo, 5º e 6º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Mundo para Todos» da área de lingua galega e literatura para o 3º ciclo, 5º e 6º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Top Dog 3 y 4» da área de lingua estranxeira: inglés para o 3º ciclo, 5º e 6º cursos de educación primaria.

Vicens Vives S.A.:-Proxecto editorial «Lengua» da área de lingua castelá e literatura para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.