Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 08 de xullo de 1999 Páx. 8.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1999 pola que se anuncia concurso para a contratación do servicio de vixilancia e outros servicios complementarios para o funcionamento do centro de servicios sociais de San Pedro de Visma. (Referencia As99/17).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación de Obras. b) Número de expediente: As99/17.

2. Obxecto do contrato: servicio de vixilancia e outros servicios complementarios para o funcionamento do centro de servicios sociais de San Pedro de Visma.

Prazo de execución: un ano.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 4.500.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non esixible.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: véxase prego de cláusulas administrativas pàrticulares. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: « Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a contratación do servicio de vixilancia e outros servicios complementarios para o funcionamento do centro de servicios sociais de San Pedro de Visma. (Referencia As99/17)».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 22 de xuño de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado