Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 08 de xullo de 1999 Páx. 8.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1999 pola que se anuncia poxa para a execución das obras comprendidas no proxecto de captación de pluviais nas rúas Sargento Veiga e Antonio Noche. (Referencia O99/41).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación de Obras. b) Número de expediente: O99/41.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de captación de pluviais nas rúas Sargento Veiga e Antonio Noche.

Prazo de execución: un mes.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 7.582.079 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 151.642 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: cristinart*aytolacoruna.es g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non esixible.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións.

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo da licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Proposición económica» e «Documentación administrativa») e o seguinte lema: « Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de captación de pluviais nas rúas Sargento Veiga e Antonio Noche. (Referencia O99/41)».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 21 de xuño de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado