Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 08 de xullo de 1999 Páx. 8.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1999, do Servicio de Estructuras Rurais de Lugo, pola que se anuncia a publicación do acordo da zona de Monte de Sante (Trabada-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Monte de Sante (Trabada-Lugo), declarada de utilidade pública e urxente execución por Decreto 538/1990, do 14 de decembro, o seguinte:

Primeiro.-Con data do 26-5-1999, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, aprobou

o acordo de concentración parcelaria da zona de Monte de Sante (Trabada-Lugo), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no concello de Trabada e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día a aquel en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo de trinta días cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, podendo os recorrentes presentalo na Xefatura do Servicio de Estructuras Rurais (Ronda da Muralla 70), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmo ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985).

Lugo, 10 de xuño de 1999.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais de Lugo

Visto e prace

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo