Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 08 de xullo de 1999 Páx. 8.901

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1999 pola que se declara aprobada a lista de admitidos para as probas selectivas para ingresar no Gabinete Técnico do Consello Económico e Social de Galicia, como experto en materias socioeconómicas con contrato laboral de duración indefinida.

A Resolución do 3 de maio de 1999 pola que se convocan probas selectivas para ingresar no Gabinete Técnico do Consello Económico e Social de Galicia, como experto en materias socioeconómicas con contrato laboral de duración indefinida, publicada no DOG do 18 de maio de 1999, sinala, na base cuarta, que o presidente do CES-Galicia dictará resolución no prazo dun mes, desde que remate o

prazo de presentación de instancias, declarando aprobada a lista definitiva de admitidos e excluídos.

Segundo o exposto, e rematado o devandito prazo o 18 de xuño de 1999, o presidente do CES-Galicia

RESOLVE:

Declarar aprobada a lista de admitidos e excluídos para as probas selectivas para ingresar no Gabinete Técnico do Consello Económico e Social de Galicia, como experto en materias socioeconómicas con contrato laboral de duración indefinida.

A devandita lista está exposta no taboleiro de anuncios do CES-Galicia, r/Algalia de Abaixo, 24, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1999.

Luis Suárez-Llanos Gómez

Presidente do Consejo Económico e Social de Galicia