Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 08 de xullo de 1999 Páx. 8.813

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se abre un prazo de preinscrición para as titulacións de iniciación ó mergullo profesional e mergullador profesional de segunda clase restrinxido na Escola Galega de Mergullo.

Publicada a Orde do 23 de abril de 1999 pola que se regula o exercicio do mergullo profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, cómpre sabe-la demanda real de persoas interesadas nas titulacións de iniciación ó mergullo profesional e mergullador profesional de 2ª clase restrinxido. Deste xeito, a mellor forma de facelo, é abrir un prazo de preinscrición na Escola Galega de Mergullo, sita no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), co obxecto de planifica-la oferta formativa necesaria. Por todo o exposto

DISPOÑO:

Primeiro.-Abrir, ata o día 30 de xullo de 1999, a preinscrición dos cursos de iniciación ó mergullo profesional e mergullador profesional de 2ª clase restrinxido.

Segundo.-Para inscribirse será necesario facelo mediante solicitude segundo o modelo que se reflicte no anexo desta resolución.

Terceiro.-A preinscrición realizada dará preferencia segundo a data de entrada para a realización dos cursos no momento en que sexan convocados.

Cuarto.-Para a inscrición definitiva os preinscritos deberán cumprir e achega-los requisitos establecidos no artigo 31, e se é o caso, no artigo 32 da orde antedita.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1999.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira e Investigación