Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 08 de xullo de 1999 Páx. 8.800

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 18 de maio de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 14 de maio de 1999, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente.

Advertido erro na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia nº 103, do 1 de xuño de 1999, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 6.627, no centro de destino: S.X. de Recursos Humanos e Coordinación Administrativa,

-No posto co código «MA.C02.00.001.15770.053 Xefe de Sección» na columna «Denominación», suprímese a clave «(1)».

-No posto co código «MA.C02.00.001.15770.057 Analista-programador» na columna «Denominación» engádese «(1)».

Na páxina 6.672, no centro de destino: Servicio Montes/Industrias Forestais (A Capela) onde di: «MA.C99.40101.15613.005» debe dicir: «MA.C.99.40101.15180.005».