Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 07 de xullo de 1999 Páx. 8.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica denominada liña eléctrica de alta tensión a 132 kV Vilalba-Carba-Tesouro, de Electra de Viesgo, S.A.

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e Decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, se incoa o expediente e sométese a información pública a solicitude de Electra de Viesgo, S.A. con enderezo na rúa Medio, 12 de Santander, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, ós efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución da instalación da liña eléctrica aérea de alta tensión, a 132 kV, sobre apoios metálicos e con conductor LA-280 HAWZ e cable de terra con fibras ópticas OPGW de 114,56 mm de sección, de 1.447 m de lonxitude, con orixe no van entre os apoios nº 95 y 96 no límite das provincias de Lugo e A Coruña, no concello das Pontes

de García Rodríguez e final no apoio nº 102 en inmediacións da subestación de Tesouro-As Pontes.

Finalidade: mellorar e asegura-la subministración de enerxía eléctrica na zona e permiti-la evacuación da enerxía do parque eólico da Carba.

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e recabar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª andar, edificio administrativo (Monelos), Praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes á presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultar os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzoasa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 14 de xuño de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña