Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 07 de xullo de 1999 Páx. 8.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/31-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Canteras Rosende, S.L.

Enderezo social: Vilar, 36540 Silleda.

Denominación: L.M.T. e ampliación C.T. en Canteira-Vilar.

Situación: Silleda.

Descricións técnicas: L.M.T., aéreo subterránea, a 20 kV, de 398 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor LA-56, sobre apoios metálicos, e 25 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Tibo 1, propiedade de Unión Fenosa ata o C.T. que se proxecta na canteira Rosende, en Vilar, Concello de Silleda. Ampliación C.T. cun novo transformador de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-400 V (teñen outro autorizado de 630 kVA).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Pontevedra, 26 de maio de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra