Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 06 de xullo de 1999 Páx. 8.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de licitación.

Aprobados o 28-6-1999 polos órganos competentes deste concello os proxectos técnicos e os pregos de condicións económico-administrativas que rexerán nos concursos por procedemento aberto (tramitación urgente) das obras incluídas no POL/99 que no punto 2 se indican, expóñense ó público polo prazo dos oito primeiros días naturais seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio no DOG e no BOP. Simultaneamente anúncianse os concursos para a presentación de propostas; as licitacións poderanse aprazar no caso de que se formulen reclamacións contra os proxectos ou os pregos.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Alcaldía (obra nº 422) e Comisión de Goberno (obra nº 423). Dependencia: secretaría.

2. Obxecto do contrato. Descrición:

Nº 422 Saneamento Goidán, Gándara e San Lorenzo: 9.807.593 ptas.

Nº 423 Saneamento e distribución de auga na Avda. R. Arxentina: 39.340.092 ptas.

Prazo de execución: obra nº 422: 3 meses e obra nº 423: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento das licitacións e criterios de selección: os indicados no punto dous (non se admiten baixas) e os criterios sinalados na cláusula 14ª dos correspondentes pregos.

5. Clasificación dos contratistas. Soamente se esixe para a obra nº 423: E 1 C e G 6 C.

6. Garantías.

Obra Nº 422. Provisional: 196.152 ptas. Definitiva: 393.304 ptas.

Obra nº 423. Provisional: 786.802 ptas. Definitiva: 1.573.603 ptas.

7. Obtención da documentación e información: Secretaría do Concello, praza de Calvo Sotelo, 1. 36740 Tomiño; teléfono: 986 62 20 01 / fax: 986 62 25 30, ata o día anterior ó do remate de presentación de proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista: os especificados no prego.

9. Presentación das ofertas. Prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (DOG). Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Tomiño, das nove ás catorce horas.

10. Prazo de vixencia das ofertas: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

11. Apertura de ofertas: nun prazo máximo de 7 días naturais seguintes ó da data da apertura da documentación xeral dos sobres B e, anunciarase, polo menos 48 horas antes da súa realización, cun edicto no taboleiro de anuncios do concello.

12. Gastos dos anuncios: por conta dos adxudicatarios.

Tomiño, 29 de xuño de 1999.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde en funcións