Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 06 de xullo de 1999 Páx. 8.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía, do 24-6-1999 acordouse aprobar inicialmente o Proxecto de urbanización e o de compensación da unidade de execución integral U.E.I.-6 sita no porto de Sada, presentado polo propietario único Conxuntos Residenciais Santa Cristina, S.A.

O expediente exponse ó público na secretaría do concello, polo prazo dun mes para o proxecto de urbanización e de vinte días para o proxecto de compensación, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Sada, 25 de xuño de 1999.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde