Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 06 de xullo de 1999 Páx. 8.715

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARRAL

ANUNCIO.

A Corporación Municipal de Carral, en sesión plenaria celebrada o día 23 de novembro de 1998, adoptou entre outros, o acordo de proceder á expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, da parcela e inmoble, sito en Outeiro, propiedade dos herdeiros de Jesús López Barbeito, así como a parcela, sita no Pincho, propiedade de Antonio Insua Ans, por prolongación de beirarrúas e servicios na rúa nova do Pincho a Outeiro, parroquia de Santo Estevo de Paleo, pertencente a este municipio.

O que se fai público para os efectos do disposto no artigo 145.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, co fin de que quen poida resultar interesado no expediente o poida examinar nas dependencias do concello durante o prazo dun mes, contado desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Carral, 10 de xuño de 1999.

Juan M. Vales Rodríguez

Alcalde