Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 06 de xullo de 1999 Páx. 8.715

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1999 pola que se anuncia concurso, con procedemento aberto, para a execución da obra denominada: pavimentación con aglomerado asfáltico da avenida do Carregal.

Anúnciase concurso público para a execución das obras de pavimentación con aglomerado asfáltico da avenida do Carregal.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Betanzos.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número de expediente: 21/1999.

2. Obxecto do contrato: pavimentación con aglomerado asfáltico da avenida do Carregal consonte o prego de condicións.

a) Descrición do obxecto: pavimentación Avda. do Carregal.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: Avda. do Carregal.

d) Prazo de execución (meses): dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total 9.902.810 ptas. (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento.

Definitiva: 4% do orzamento.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Enderezo: Pza. Constitución, 1.

c) Localidade e código postal: Betanzos 15300.

d) Teléfono: 981 77 00 11.

e) Telefax: 981 77 42 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata as 14 horas do último día de presentaciópn de proposicións.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 14 horas.

8. Documentación que hai que presentar: a que consta no prego de cláusulas administrativas xerais.

a) Lugar de presentación: secretaría xeral.

b) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Domicilio: Praza da Constitución, 1.

c) Localidade: Betanzos.

d) Data: terceiro día solto seguinte ó do transcurso do prazo de licitación.

e) Hora: doce horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Betanzos, 28 de maio de 1999.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente