Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 06 de xullo de 1999 Páx. 8.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se anuncia o concurso público, polo trámite de urxencia, para a contrucción dunha nave-almacén con destino ós servicios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura no porto de Celeiro.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Mariños.

c) Número de expediente: 99/012/1114.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción dunha nave-almacén con destino ós servicios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura no porto de Celeiro, de acordo co proxecto de construcción e os pregos que rexen esta contratación.

b) Lugar de execucion: porto de Celeiro.

c) Plazo de execución: tres (3) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: trinta e seis millóns de pesetas (36.000.000 de ptas.).

5. Garantías.

Provisional: setecentas vinte mil pesetas (720.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou nas súas delegacións territoriais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, 5-2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 40 79.

e) Telefax: 981 54 40 31.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

7. Clasificación do contratista.

Grupo C, subgrupos 2, 4, categoría D, E.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará as catorce horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificio administrativo San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15771).

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano nº 5, 2º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día natural seguinte ó peche do prazo de presentación de propostas. No caso en que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos de publicación.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1999.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños