Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 05 de xullo de 1999 Páx. 8.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1999, da Xefatura de Servicio de Estructuras Rurais da Coruña, pola que se anuncia a aprobación do acordo da zona de concentración parcelaria de Barazón (Santiso-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Barazón (Santiso-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente

execución por Decreto 45/1993 do 12 de febreiro (DOG nº 40, do 1 de marzo).

Primeiro.-Con data 16 de xuño de 1999, o director xeral de Desenvolvemento Rural aproboú o acordo de concentración da zona de Barazón (Santiso-A Coruña), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración, estará exposto ó público no Concello de Santiso e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da Provincia, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo de trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, os recurrentes poderán presenta-lo recurso na Xefatura de Servicio de Estructuras Rurais (edificio administrativo, praza Luis Seoane, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un enderezo dentro do termo municipal para os efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso de alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Ley de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985).

A Coruña, 22 de xuño de 1999.

Rodolfo M. Rodríguez González

Xefe de Servicio de Estructuras Rurais da Coruña