Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 05 de xullo de 1999 Páx. 8.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1999 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á construcción dunha piscina cuberta e climatizada, no concello de Lugo e outra máis.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato

ó que se refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora:

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato:

Construcción dunha piscina cuberta e climatizada, no concello de Lugo (Lugo).

a) Prazo de execución: dezasete (17) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: douscentos sesenta millóns trescentas cincuenta e tres mil doce pesetas (260.353.012 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo: C; subgrupo: todos; categoría: e.

3. Obxecto do contrato:

Construcción dun edificio administrativo e sede das federacións deportivas galegas, no concello de Vigo (Pontevedra).

a) Prazo de execución: vintetrés (23) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: cento oitenta e nove millóns cincocentas sesenta mil setecentas trinta pesetas (189.560.730 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo: C; subgrupo: todos; categoría: d.

4. Garantía provisional:

Dispénsase en aplicación do Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

5. Obtención de documentación e información:

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas, prescricións técnicas e proxecto técnico poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

6. Presentación de ofertas:

a) Data límite: ás 14 horas do decimoterceiro (13) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na carátula do sobre "A" (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23).

c) Lugar de presentación: o Rexistro de Documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lázaro. 15890 - Santiago de Compostela. Prescricións Fax: 981 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: non se admiten en canto ás solucións técnicas. Son admisibles variacións ou melloras de calidade.

7. Apertura de ofertas:

Levarase a cabo ás 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890-Santiago de Compostela).

8. Gastos de anuncios:

Será de cargo do adxudicatario, o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1999.

P.D. (Orde do 22-2-1999)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte