Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 05 de xullo de 1999 Páx. 8.605

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (379/1994-02).

Eu, José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, e o seu partido fai saber:

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo 379/1994, por instancia de Banco de Santander Central Hispano, S.A., representado polo procurador García Píccoli-Atanes, contra Grupo Industrial y Comercial, S.L., Demetrio Vázquez Galdo, María Alicia Figueira Rey e Dinatex, S.L., nos que por resolución do día da data se acordou sacar á venda en pública poxa, por primeira vez e por termo de vinte días, e polo tipo de valoración que se dirá, os seguintes bens embargados e da propiedade dos demandados:

Urbana. Local comercial integrado por unha planta baixa duns vinte metros cadrados e por unha entreplanta de cento corenta e un metros cadrados, da casa número dous da rúa Laverde Ruiz, de Santiago de Compostela (A coruña), coas seguintes estremas:

Planta baixa: norte, corredor de distribución; sur, cuartel de Artillería; leste, local número 5; oeste, local número 4. Entreplanta: norte, locais número 8 a 10; sur, patio de luces e cuartel de Artillería; leste, portal II e local 49-dous, oeste, local número 7, portal I, escaleiras, corredor de distribución e patio de luces.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela, tomo 1.125, libro 151, folio 16, predio rexistral número 16.989, inscrición primeira.

Este local foi valorado na suma de 10.046.000 pesetas (dez millóns, corenta e seis mil pesetas).

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito no polígono das Fontiñas, na rúa Viena s/n desta cidade, o día 6 de setembro de 1999, ás 12 horas, baixo as seguintes condicións:

Primeira: nos remates non se admitirán propostas que non cubran as dúas terceiras partes da taxación.

Segunda: para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar previamente, no establecemento destinado para o efecto, unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por 100 efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa; sen este requisito non serán admitidos.

Terceira: só o executante poderá facer licitación en calidade de cede-lo remate a un terceiro.

Cuarta: en tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse licitacións por escrito en prego pechado, depositando na mesa do xulgado xunto a aquel, o importe da consignación.

Quinta: que por instancia do acredor se sacan os bens a pública poxa sen suplir previamente a falta de títulos, constando en autos certificación emitida polo Rexistro da Propiedade onde estes constan inscritos.

Sexta: que as cargas e os gravames anteriores e os preferentes se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

En prevención de que non haxa licitadores na primeira poxa, sinálase para a segunda, con rebaixa do 25 por 100 do tipo da primeira, o día 30 de setembro de 1999, ás 12 horas, debendo consignar previamente o 20 por 100 do tipo desta segunda poxa; sinálase para a terceira o día 26 de outubro de 1999, ás 12 horas, sen suxeición a tipo, debendo consignarse previamente o 20 por 100 do tipo da segunda poxa.

No caso de que algún día dos sinalados para a realización das poxas cadrase en día inhábil, trasladarase a súas realización para o día seguinte hábil do sinalado, á mesma hora.

Sirva este edicto de notificación en legal forma ós demandados en situación procesual de rebeldía, Grupo Industrial y Comercial, S.L., Demetrio Vázquez Galdo e María Alicia Figueira Rey.

Vintecatro de maio de mil novecentos noventa e nove.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado