Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 05 de xullo de 1999 Páx. 8.604

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1999, dos tribunais números 1, 2 e 3 nomeados para xulga-lo proceso selectivo de acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C) convocado por Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG número 12, do 20 de xaneiro de 1998) sobre anulación dunha pregunta do modelo VI dos elixidos durante a realización do cuarto exercicio.

En reunión mantida o día 1 de xullo de 1999 polos tribunais números 1, 2, e 3 dos nomeados para xulga-lo proceso selectivo de acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), á vista das impugnacións efectuadas, estes acordaron anula-la pregunta número 3 do modelo VI que resultou elixido, de entre os seis elaborados polo tribunal para a realización do suposto práctico, correspondente ó cuarto exercicio do proceso selectivo.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1999.

Jaime Bouzada RomeroJosé Antonio Fernánez Vázquez

Presidente do tribunal nº 1Presidente do tribunal nº 2

Domingo Bello Janeiro

Presidente do tribunal nº 3